Friday 03 de May de 2024

A Xunta firma un convenio con Bodegas Vivanco para que se sume á list de patrocinadores do Xacobeo


― A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, agradeceu a aposta da bodega polo Xacobeo e reafirmou os lazos que unen a Galicia coa Rioxa a través do Camiño

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou hoxe un convenio co presidente da Fundación y Experiencias Vivanco, Santiago Vivanco, para que a marca rioxana Bodegas Vivanco patrocine e dea difusión ao Xacobeo 21-22.

A través do acordo asinado no Hostal dos Reis Católicos, Bodegas Vivanco lanzará unha edición especial do viño Vivanco Crianza para o Xacobeo 21-22. Organizará, ademais, a exposición La cultura del vino en seis etapas, un percorrido por pezas dos fondos da colección Vivanco que forman parte da exposición permanente do Museo Vivanco de la Cultura del Vino.

Por outra banda, do 15 de xullo ao 15 de outubro, vaise desenvolver a campaña Xuntos no Camiño, que dará pé a participar no sorteo de paquetes turísticos que incluirán visitas á catedral e estadías no Parador de Santiago, ademais de lotes de botellas de Vivanco Crianza.

Nava Castro agradeceu á bodega rioxana a súa aposta polo Xacobeo e o seu interese por sumarse á lista de patrocinadores do evento, e reafirmou os lazos que unen a Galicia coa Rioxa a través do Camiño de Santiago.

Bodegas Vivanco únese á relación de máis de trinta patrocinadores do Xacobeo, entre os que xa se contan tamén bodegas galegas.